miércoles, 25 de enero de 2012

5. COMPARTIR RECURSOS


  • Compartir recursos en Windows:                                                                                     Para poder compartir os recursos en rede é necesario que na configuración da rede de área local esteas activada a casa compartir impresora e arquivos.
    Compartir carpetas e arquivos:
    1. Pulsa o botón dereito do rato sobre o que se vai compartir.
    2. Seleccionar a opción Compartir e Seguridade.
    3. O cadro de diálogo que aparece é diferente en función de que estea activado compartido simple de arquivos ou non. En calquera caso, seleccionar a opción Compartir esta carpeta.
    - Na compartición simple, pódese activar a casa Permitir que os usuarios da rede cambien os meus arquivos se se permite acceso total a ela na rede; de non a marcar só poderá ser lida ou copiada, non modificada.
    - Na compartición con permisos, facer clic sobre o botón Permisos para asignar os permisos aos distintos usuarios.
    4. Facer clic en aplicacións para que os cambios fagan efecto.
  • Compartir impresoras:                                                                                No equipo con impresora:
    1. Facer clic en Inicio e seleccionar a opción Impresoras e fax.
    2. Pulsar o botón dereito do rato sobre o icono da impresora e seleccionar a opción Compartir.
    3. Activar a casilla Compartir impresora.
    4. Premer en Aplicar e Aceptar.
    5. Visualizarase o icono.
                                                                                                      No resto de equipos:
    1. Facer clic en Inicio e seleccionar a opción Impresoras e fax.
    2. Facer clic sobre o enlace Agregar unha impresora e iniciarase un Asistente moi sinxelo no que soamente hai que indicar o equipo da rede onde se encontra conectada a impresora a agregar.
    3. Visualizarase o icono.                                           
  • Compartir recursos baixo diferentes sistemas operativos:     É posible traballar, nunha mesma rede, con equipos que teñen diferentes sistemas operativos instalados.
    - Dende Windows, accédese aos recursos compartidos noutros equipos, con Windows ou Linux, utilizando o Ámbito de rede e navegando polos diferentes recursos.
    - Dende Linux, para ver as carpetas compartidas noutros ordenadores da rede hai que usar a icona Red dispoñible entre as aplicacións do equipo. Os recursos que comparten os equipos con Windows son accesibles facendo clic no icono Red de Windows.

     

No hay comentarios:

Publicar un comentario