miércoles, 25 de enero de 2012

5. COMPARTIR RECURSOS


  • Compartir recursos en Windows:                                                                                     Para poder compartir os recursos en rede é necesario que na configuración da rede de área local esteas activada a casa compartir impresora e arquivos.
    Compartir carpetas e arquivos:
    1. Pulsa o botón dereito do rato sobre o que se vai compartir.
    2. Seleccionar a opción Compartir e Seguridade.
    3. O cadro de diálogo que aparece é diferente en función de que estea activado compartido simple de arquivos ou non. En calquera caso, seleccionar a opción Compartir esta carpeta.
    - Na compartición simple, pódese activar a casa Permitir que os usuarios da rede cambien os meus arquivos se se permite acceso total a ela na rede; de non a marcar só poderá ser lida ou copiada, non modificada.
    - Na compartición con permisos, facer clic sobre o botón Permisos para asignar os permisos aos distintos usuarios.
    4. Facer clic en aplicacións para que os cambios fagan efecto.
  • Compartir impresoras:                                                                                No equipo con impresora:
    1. Facer clic en Inicio e seleccionar a opción Impresoras e fax.
    2. Pulsar o botón dereito do rato sobre o icono da impresora e seleccionar a opción Compartir.
    3. Activar a casilla Compartir impresora.
    4. Premer en Aplicar e Aceptar.
    5. Visualizarase o icono.
                                                                                                      No resto de equipos:
    1. Facer clic en Inicio e seleccionar a opción Impresoras e fax.
    2. Facer clic sobre o enlace Agregar unha impresora e iniciarase un Asistente moi sinxelo no que soamente hai que indicar o equipo da rede onde se encontra conectada a impresora a agregar.
    3. Visualizarase o icono.                                           
  • Compartir recursos baixo diferentes sistemas operativos:     É posible traballar, nunha mesma rede, con equipos que teñen diferentes sistemas operativos instalados.
    - Dende Windows, accédese aos recursos compartidos noutros equipos, con Windows ou Linux, utilizando o Ámbito de rede e navegando polos diferentes recursos.
    - Dende Linux, para ver as carpetas compartidas noutros ordenadores da rede hai que usar a icona Red dispoñible entre as aplicacións do equipo. Os recursos que comparten os equipos con Windows son accesibles facendo clic no icono Red de Windows.

     

viernes, 20 de enero de 2012

4. XESTIÓN DE USUARIOS E PERMISOS.
Inicio de sesión de Windows.
Inicio de sesión de Linux.
  • Creación de grupos de usuarios:  Linux e Windows son sistemas multiusuarios. Isto permite que varias persoas poidan usar o mesmo ordenador para realizar as súas tarefas.
  • Identificación: Para entrar nun sistema operativo multiusuario solicítase un nome de usuario (login) e un contrasinal (password). Unha vez introducidos estes datos,el sistema operativo permite o acceso aos recursos que teñan autorizados dependendo do tipo de usuario.
  • Xestión de contas
  • Xestión de contas en Windows:  As contas dos usuarios xestiónanse dende Contas de usuario no panel de control. Pódense crear novas contas, modificar ou eliminar as existentes, etc.
  • Espacio de traballo:  Ao espazo de traballo dun usuario chámaselle Conta de usuario. A cada conta asígnaselle un directorio específico no disco duro onde se almacena toda a información de cada usuario, os seus documentos...
  • Tipos de usuarios:  Administrador ou root: É o encargado da configuración e mantemento do sistema.
    Usuario: É quen utiliza o sistema e ten acceso aos recursos que o administrador lle permita.
    Grupo: Os usuarios asócianse en forma de grupos para facilitar certas tarefas, como compartir recursos.
  • Establecer permisos en Linux.
  • Adxudicación de permisos en Windows:                                  1. Facer clic co botón dereito do rato no arquivo ou capeta e seleccionar Propiedades.
    2. Seleccionar a pestana Seguridade. Móstrase un listado de todos os grupos ou usuarios que teñen dereitos sobre o obxecto.
    3. Utilizar o botón Quitar para eliminar os usuarios que non terán acceso
    , ou ben, Agregar para engadir novos usuarios.                                                      4. Ao seleccionar un grupo ou usuario móstranse os Permisos de usuario de que dispón podendo permitirse ou denegar cada un deles.                                                -Se na ventá Propiedades non se mostra a pestana Seguridade:
    1. Facer clic en Inicio.
    2. Entrar no Panel de control.
    3. Seleccionar Aparencia e temas. 
                                             
    Establecer permisos en Windows.

    4. Entrar en Opcións de carpeta.
    5. Na pestana Ver, desactivar a casa Utilizar uso compartido simple de arquivos, que se encontra no apartado Configuración avanzada.
  • Se queres saber mais sobre o tema clica aquí.

martes, 17 de enero de 2012

3. CONFIGURACIÓN DUNHA REDE.

  • Configuración en Windows:                                                                                       1. Entrar no menú Inicio.
    2. Facer clic co botón dereito do rato na icona Mis sitios de rede.
    3. Premer sobre esta icona co botón dereito do rato e seleccionar Propiedades.
    4. Facer dobre clic sobre protocolo Internet.
  • Identificación na rede: Cada un dos equipos que pertencen a unha rede debe ter asignado un nome distinto. Estes equipos deben pertencer a un mesmo grupo de traballo que identifica á rede. 
  • Comprobar o funcionamento da rede en Windows:                                    1. Abrir o menú Inicio e facer clic sobre Mis sitios rede. Aparece unha pantalla cos documentos compartidos na rede.
    2. Para ver todos os ordenadores que forman parte da rede, facer clic en Ver equipos do grupo de traballo, mostrándose os equipos conectados á rede nese momento.
  • Conectarse a unha rede WIFI dende un equipo:                                                                                                    Un equipo WiFi conéctase automaticamente á rede que haxa ao seu alcance. Facendo dobre clic sobre a icona é posible elixir entre unha das redes inarámicas dispoñibles tendo en conta que as redes con seguridade habilitada requiren un contrasinal.
  • Coñecer a dirección IP:                                                                                      Para coñecer a IP que ten asignada un equipo da rede, executar o comando:
    -Ifconfig se é baixo Linux.
    -Ipconfig se é baixo Windows.
  • Ping:                                                                                                                    Serve para verificar a correcta conexión con outros dispositivos da rede. Ping envía paquetes de datos ao dispositivo especificado por unha dirección IP.    

     


jueves, 12 de enero de 2012


2. CREACIÓN DE REDES LOCAIS

Dispositivos de interconexión:  
Tarxetas de rede
  • Tarxetas de rede: Cada un dos equipos debe ter instalada unha tarxeta de rede. As tarxetas poden ser:
    -Ethernet:Utilizan un conector RJ-45, parecido ao do teléfono, que é onde irá conectado o cable.
    -WiFi: Son tarxetas inarámicas que permiten conectar o ordenador á rede a través de ondas.
Concentrador
  • Concentradores: Son os dispositivos que conectan os cables que proceden de cada equipo. Os concentradores poden ser:
        -Hub: É o máis básico e úsase en redes pequenas.
        -Switch: Realiza a mesma función que un hub pero de forma "intelixente", xa que soamente envía os datos ao equipo destinatario.

Router
  • Puntos de acceso: Teñen a mesma funcionalidade que os hubs ou switch, pero substitúen os cables por ondas.
  • Router: É máis avanzado que un concentrador e permite xestionar direccións IP, conectar distintas redes entre si, establecer a conexión a internet, etc.
  • Cables de rede: O máis utilizado é o par trenzado.

    Instalación e configuración de dispositivos: 
    É moi sinxela. Algunhas nocións básicas son:
    • Tarxetas de rede: Retirar a carcasa do equipo e conectar a tarxeta nunha das rañuras de expansión dispoñibles.
    Cable de par trenzado
    • Concentradores: Non requiren configuración e abonda con conectalos á coriente eléctrica para que realicen a súa función.
    • Puntos de acceso: Simplemente deben estar conectados, cun cable, ao router ou a outro concentrador.
    • Router: Ha de ser configurado cos parámetros do provedor de internet.
    • Cableado: Un extremo conéctase á tarxeta de rede do equipo e o outro ao concentrador ou router.
    Conexión dos compoñentes: 
    Topoloxía en estrela
    Esta estrutura coñécese como topoloxía en estrela e caracterízase por conectar todos os equipos a un concentrador.Redes mixtas:
    Utilízase un punto de acceso inarámico. Este punto permite conectar ambos os dous tipos de redes. É moi útil para conectar un portátil ou equipo afastado a unha rede cableado.


    Se queres encontrar máis imfomación preme aquí.

    martes, 10 de enero de 2012

    1. REDES INFORMÁTICAS.

    Definición:É un conxunto de ordenadores conectados entre si, que poden compartir datos(imagenes, documentos, etc.) e recursos (unha impresora, disco duro, etc.).  

    Tipos de redes:

    • Segundo o seu tamaño ou área de cobertura:Redes de Área Local (LAN)son rede de pequena extensión..Redes de Área Extensa (WAN)Estas redes interconectan equipos xeograficamente máis dispersos. 
    • Segundo o seu nivel de acceso ou privacidade: Internet:É unha rede de redes de ordenadores. Intranets: É unha rede local que utiliza ferramentas de internet.Extranets.É unha rede privada virtual resultante da interconexión de dous ou máis intranets.
    Equipos dunha rede:
    O servidor: É o ordenador que proporciona recursos compartidos e servizos aos usuarios da rede.
    Os clientes:
    Son o resto dos equipos conectados na rede.

    Redes WLAN:Estas redes permiten aos usuarios acceder a información e recursos sen necesidade de estar fisicamente conectados a un determinado lugar.
    Recurso compartido:É calquera dispositivo, conxunto de datos ou programa que pode compartirse na rede.
    Conceptos básicos:

    • A comunicación: É o proceso que involucra un emisor, a unha mensaxe que será trasmitido a través dunha canle e a un receptor.
    • Protocolo: Para que emisor e receptor poidan entenderse entre si é necesarioque utilicen unha mesma linguaxe.
    • Dirección IP: É a dirección da rede do ordenador.
    • Máscara de rede: Utilízase para crear subredes.
    • Grupos de traballo: Para que os equipos da rede se poidan conectar entre si han de estar no mesmo grupo de traballo.
    • Porta de enlace ou Gateway: Adoita ser a IP de router.
    • DNS, Sistema de Nomes por Dominio: Que asocian as direccións IP a un conxunto de palabras máis doadas de recordar.
    1 vídeo sobre o tema (facendo ligazón dende YouTube):

     Consulta esta paxina se queres saber mais.