2. CREACIÓN DE REDES LOCAIS
![]() | |
| Tarxetas de rede |
- Tarxetas de rede: Cada un dos equipos debe ter instalada unha tarxeta de rede. As tarxetas poden ser:
-Ethernet:Utilizan un conector RJ-45, parecido ao do teléfono, que é onde irá conectado o cable.
-WiFi: Son tarxetas inarámicas que permiten conectar o ordenador á rede a través de ondas.
![]() |
| Concentrador |
- Concentradores: Son os dispositivos que conectan os cables que proceden de cada equipo. Os concentradores poden ser:
-Switch: Realiza a mesma función que un hub pero de forma "intelixente", xa que soamente envía os datos ao equipo destinatario.
![]() |
| Router |
- Puntos de acceso: Teñen a mesma funcionalidade que os hubs ou switch, pero substitúen os cables por ondas.
- Router: É máis avanzado que un concentrador e permite xestionar direccións IP, conectar distintas redes entre si, establecer a conexión a internet, etc.
- Cables de rede: O máis utilizado é o par trenzado.
Instalación e configuración de dispositivos:
É moi sinxela. Algunhas nocións básicas son:
- Tarxetas de rede: Retirar a carcasa do equipo e conectar a tarxeta nunha das rañuras de expansión dispoñibles.
![]() |
| Cable de par trenzado |
- Concentradores: Non requiren configuración e abonda con conectalos á coriente eléctrica para que realicen a súa función.
- Puntos de acceso: Simplemente deben estar conectados, cun cable, ao router ou a outro concentrador.
- Router: Ha de ser configurado cos parámetros do provedor de internet.
- Cableado: Un extremo conéctase á tarxeta de rede do equipo e o outro ao concentrador ou router.
![]() | |
| Topoloxía en estrela |
Utilízase un punto de acceso inarámico. Este punto permite conectar ambos os dous tipos de redes. É moi útil para conectar un portátil ou equipo afastado a unha rede cableado.
Se queres encontrar máis imfomación preme aquí.





No hay comentarios:
Publicar un comentario