A sociedade da información:
A sociedade da información é
vista como a sucesora da sociedade industrial. Relativamente similares
serían os conceptos de sociedade post-industrial (Daniel Bell), posfordismo,
sociedade postmoderna, sociedade do coñecemento, entre outros. Este
último concepto parecería estar a emerxer en detrimento da sociedade da
información.Podemos definir sociedade da
información' como unha ideoloxía baseada nos marcos mentais do progreso,
o crecemento e a modernidade, desenvolvida a partir do século XVIII,
sosteñen que a incorporación das TIC en todos os procesos produtivos
certamente facilita a inserción aos mercados globais, onde a intensa
competencia obriga a reducir custos e a axustarse de xeito case
inmediato ás cambiantes condicións do mercado.
Alfabetización dixital: A
aparición das novas tecnoloxías da información e a comunicación supuxo a
creación, en breve espazo de tempo, de novos medios de acceso á
información, como internet ou a telefonía móbil. Con eles apareceron
novas linguaxes e novas formas de comunicar. A alfabetización dixital consiste na aprendizaxe dos coñecementos necesarios para entender e utilizar axeitadamente as tecnoloxías e as linguaxes imprescindibles para vivir na sociedade da información.
Trátase en definitiva de estar capacitado para responder criticamente aos estímulos e esixencias dun ámbito cada vez máis complexo, con gran variedade de fontes, medios de comunicación e servizos.
Alfabetismo dixital tamén coñecido como alfabetización dixital e alfabetización multimedia é a habilidade para localizar, organizar, entender, avaliar e analizar información utilizando tecnoloxía dixital. Implica tanto o coñecemento de como traballa a alta tecnoloxía de hoxe en día como a comprensión de como pode ser utilizada. As persoas dixitalmente alfabetizados poden comunicarse e traballar máis eficientemente especialmente con aqueles que posúen os mesmos coñecementos e habilidades.
Aspectos positivos e negativos
da sociedade da información: As tecnoloxías da información e da
comunicación están a influír en todos os aspectos da vida e da
organización social. O seu dominio esténdese a todos os campos da
actividade humana, como a creación e organización de emprego, a relación
entre as persoas, a distribución do poder na sociedade, a forma de
adquisición do coñecemento e de percepción da realidade, etc.É evidente que a sociedade da información proporciona múltiples vantaxes facilitando o acceso á información e simplificando un gran número de tarefas que, sen a utilización das novas tecnoloxías, se converterían en tarefas realmente tediosas. Non obstante, é conveniente deterse un momento nos inconvenientes e os prexuízos que o abuso destas tecnoloxías poden levar consigo.
A importancia da veracidade da información: A posibilidade de conseguir máis información favorece o estudo e a investigación, pero o feito de que haxa máis non asegura o éxito, pois é moi difícil separar o bo do que non serve. Pódese ter a sensación de que se está informado de todo e ao instante, e, non obstante, ter unha visión totalmente deformada da realidade.
Do alfabetismo informático ao
analfabetismo verbal: É unha evidencia, que se vén poñendo de manifesto
ano tras ano, que a capacidade de compresión lectora se está debilitando
de forma xeral, non só porque os mozos len cada vez menos libros, senón
porque aumenta a lectura de mensaxes breves e fraccionadas, como os que
producen a navegación por internet, os chat ou o correo electrónico.
Así a alfabetización informática podería vir acompañada dun crecente
analfabetismo verbal, unha maior dificultades de expresión, con todas as
implicacións que iso pode levar consigo.
Deterioración dalgunhas
habilidades: Hai séculos, cando os brazos e as mans empezaron a usarse
para agarrar, trepar, tirar obxectos como pedras e frechas, se
produciron cambios na estrutura do cerebro e do sistema nervioso dos
seres humanos, que desenvolveron novos patróns de pensamento. Non
obstante, a evidencia dos cambios ou danos ao desenvolvemento cerebral
que poden producir as novas tecnoloxías só estanse a facer patentes anos
ou décadas despois de uso intenso. É o caso dos teléfonos móbiles,
cuxos posibles danos están a ser documentados unha década despois de
iniciarse o seu uso masivo.