3. CONFIGURACIÓN DUNHA REDE.
- Configuración en Windows: 1. Entrar no menú Inicio.
2. Facer clic co botón dereito do rato na icona Mis sitios de rede.
3. Premer sobre esta icona co botón dereito do rato e seleccionar Propiedades.
4. Facer dobre clic sobre protocolo Internet. - Identificación na rede: Cada un dos equipos que pertencen a unha rede debe ter asignado un nome distinto. Estes equipos deben pertencer a un mesmo grupo de traballo que identifica á rede.
- Comprobar o funcionamento da rede en Windows: 1. Abrir o menú Inicio e facer clic sobre Mis sitios rede. Aparece unha pantalla cos documentos compartidos na rede.
2. Para ver todos os ordenadores que forman parte da rede, facer clic en Ver equipos do grupo de traballo, mostrándose os equipos conectados á rede nese momento. - Conectarse a unha rede WIFI dende un equipo: Un equipo WiFi conéctase automaticamente á rede que haxa ao seu alcance. Facendo dobre clic sobre a icona é posible elixir entre unha das redes inarámicas dispoñibles tendo en conta que as redes con seguridade habilitada requiren un contrasinal.
- Coñecer a dirección IP: Para coñecer a IP que ten asignada un equipo da rede, executar o comando:
-Ifconfig se é baixo Linux.
-Ipconfig se é baixo Windows. - Ping: Serve para verificar a correcta conexión con outros dispositivos da rede. Ping envía paquetes de datos ao dispositivo especificado por unha dirección IP.
No hay comentarios:
Publicar un comentario