viernes, 20 de enero de 2012

4. XESTIÓN DE USUARIOS E PERMISOS.
Inicio de sesión de Windows.
Inicio de sesión de Linux.
  • Creación de grupos de usuarios:  Linux e Windows son sistemas multiusuarios. Isto permite que varias persoas poidan usar o mesmo ordenador para realizar as súas tarefas.
  • Identificación: Para entrar nun sistema operativo multiusuario solicítase un nome de usuario (login) e un contrasinal (password). Unha vez introducidos estes datos,el sistema operativo permite o acceso aos recursos que teñan autorizados dependendo do tipo de usuario.
  • Xestión de contas
  • Xestión de contas en Windows:  As contas dos usuarios xestiónanse dende Contas de usuario no panel de control. Pódense crear novas contas, modificar ou eliminar as existentes, etc.
  • Espacio de traballo:  Ao espazo de traballo dun usuario chámaselle Conta de usuario. A cada conta asígnaselle un directorio específico no disco duro onde se almacena toda a información de cada usuario, os seus documentos...
  • Tipos de usuarios:  Administrador ou root: É o encargado da configuración e mantemento do sistema.
    Usuario: É quen utiliza o sistema e ten acceso aos recursos que o administrador lle permita.
    Grupo: Os usuarios asócianse en forma de grupos para facilitar certas tarefas, como compartir recursos.
  • Establecer permisos en Linux.
  • Adxudicación de permisos en Windows:                                  1. Facer clic co botón dereito do rato no arquivo ou capeta e seleccionar Propiedades.
    2. Seleccionar a pestana Seguridade. Móstrase un listado de todos os grupos ou usuarios que teñen dereitos sobre o obxecto.
    3. Utilizar o botón Quitar para eliminar os usuarios que non terán acceso
    , ou ben, Agregar para engadir novos usuarios.                                                      4. Ao seleccionar un grupo ou usuario móstranse os Permisos de usuario de que dispón podendo permitirse ou denegar cada un deles.                                                -Se na ventá Propiedades non se mostra a pestana Seguridade:
    1. Facer clic en Inicio.
    2. Entrar no Panel de control.
    3. Seleccionar Aparencia e temas. 
                                             
    Establecer permisos en Windows.

    4. Entrar en Opcións de carpeta.
    5. Na pestana Ver, desactivar a casa Utilizar uso compartido simple de arquivos, que se encontra no apartado Configuración avanzada.
  • Se queres saber mais sobre o tema clica aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario