jueves, 9 de febrero de 2012

6. CONEXIÓN ENTRE DISPOSITIVOS MÓBILES  
GPS
  • Dispositivos móbiles:  Os avances tecnolóxicos na miniaturización de dispositivos e a evolución das redes inarámicas levaron cada vez máis á integración na nosa sociedade de dispositivos informáticos pequenos e portátiles.
    Entre os dispositivos móbiles inclúense:
    - Ordenadores portátiles.
    - Dispositivos de mano(handheld), como teléfonos móbiles, asistentes dixitais persoais (PDA), gps, videocámaras, etc.
    - Dispositivos que se poden levar postos, como reloxos dixitais con    funcionalidades semellantes á dos PDA, pezas de vestir con tecnoloxía implantada, sensores, etc.
    - Dispositivos inseridos en aparatos, como vehículos, electrodomésticos, etc.
  • Ordenador portátil
  • Computación móbil e oblicua: Chámase computación móbil á realización de tarefas informáticas mentres o usuario está en movemento ou en lugares distintos do seu ámbito habitual. Isto permite que os usuarios poidan acceder a internet ou mesmo ao seu intranet (de casa ou  do traballo) dende calquera lugar e poidan imprimir utilizando a impresora máis próxima.
    Computación ubicua é a integración da informática no ámbito dos usuarios utilizando dispositivos móbiles que poidan comunicarse entre eles de forma intelixente e transparente ao usuario. Por exemplo, é posible ver a imaxe da cámara de vixilancia no móbil, ou recibir un aviso cando a lavadora remata.
  • Tipos de conexión inarámica:- Redes WiFi, son redes de área local inarámica para a conexión de ordenadores.
    - Redes WiMAX, son redes de área metropolitana (uns 50 km) que permiten a conexión por banda ancha de alta velocidade.
    - Redes ad-hod, permiten a conexión directa de dispositivos entre si, sen necesidade de dispoñer dun punto de acceso que centralice a xestión das comunicacións inarámicas de rede.
    - Comunicación WAP, para comunicacións inarámicas por telefonía móbil.
    - Redes por infravermellos (IR), permiten a comunicación entre dous dispositivos, visibles entre si, usando ondas infravermellas.
                             - BlueTooth, utilízase para a conexión inálambrica de curto alcance (10 metros). 
  • Adaptador USB
  • Adaptadores USB: Para converter algúns dispositivos como PC,  portátiles, impresoras, etc., en móbiles pódese usar unha tarjetainalámbrica ou un adaptador USB. A vantaxe dos adaptadores USB é que non necesitan montaxe, simplemente conectar o adaptador nun porto USB.
  • Blackberry
  • Blackberry: É un dispositivo handheld    inarámico co que se poden utilizar os servizos de correo electrónico,  telefonía móbil, SMS, navegación web e outros servizos de información    inarámicos. 
  •  

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario