RSCW: BSCW ( Basic Suport for Collaborative Work: soporte básico para traballo colaborador), é unha ferramenta que permite crear na web un espazo de traballo compartido, onde poder desenvolver e manter almacenados proxectos de forma totalmente fiable e segura, dende distintas plataformas (Windows, Linux, Unix...). Algunhas das vantaxes que ofrecen os BSCW son: - Permite crear zonas de traballo entre persoas situadas en distintas partes do mundo. - As áreas de traballo teñen restrinxido o acceso unicamente os membros rexistrados. - Os documentos publicados nas áreas de traballo encóntranse dispoñibles en calquera momento e para calquera usuario, posto que se encontran almacenados no servidor e non nos ordenadores locais. - A información contida no BSCW pódese ler e modificar. Para poder utilizar BSCW requírese unicamente dispoñer dunha dirección de correo electrónica POP3 para rexistrarse como usuario, un navegador de internet e ser invitado por un grupo de traballo para participar nel. Xeralmente, os espazos BSCW utilízanse en foros universitarios ou de investigación. Para iniciarse no manexo dos BSCW, Rede Iris ofrece un acceso público a un deles. Para acceder a el, teremos que:1. Abrir o navegador e conectar coa dirección: http://cvu.rediris.es/pub/bscw.cgi/0/21 2. Facer clic sobre unha das carpetas, por exemplo, Aprendizaxe, e sobre o nome dun dos documentos que se mostrarán dentro, para visualizalo.
En cada unha das áreas de traballo, e dependendo do software utilizado para a súa creación, dispoñeremos de botóns para realizar as operacións básicas, como editar un documento, modificalo, volver publicalo, crear unha carpeta, etc.
RSS RSS son as siglas de Really Simple Syndication, o que poderiamos traducir ao castelán como redifusión web, e consiste en publicar artigos simultáneamente en diferentes medios a través dunha fonte común; é dicir, é unha forma de ofrecer os contidos para que calquera que desexe incluílos nas súas páxinas web lle resulte doado facelo. Un exemplo diso son os titulares de noticias que moitos medios de comunicación ofrecen gratuitamente e que se actualizan de forma automática, facendo posible que se mostre na páxina web ou no escritorio a información actualizada en tempo real. Polo tanto, RSS é un formato de documento que permite actualizar as novidades e noticias dun sitio web, de forma totalmente transparente para o usuario. Para ler este tipo de documento requírense programas especiais denominados RSS readers, pero que actualmente se encontran incluídos en todos os navegadores web. Existen moitas empresas que ofrecen a posibilidade de incluír nas páxinas web, e de forma gratuíta, os seus propios titulares de noticias. Por exemplo, para incluír os titulares do diario El País, débense realizar os seguintes pasos: 1. Abrir o navegador e conectar coa dirección: http://www.elpais.com/rss/index.html 2. Facer clic sobre unha das categorías de noticias que se mostran na parte central. Por exemplo, España. 3. Seleccionar a opción Na súa propia páxina, do menú que aparece. 4. Completar o formulario para darse de alta como usuario dos titulares. 5. Facer clic sobre o enlace Continuar. 6. Seleccionar o formato co que se incluirán, o tamaño da ventá e o número de titulares. 7. Cando seleccionemos o formato máis apropiado para a páxina web na que se incluirán os titulares, teremos que facer clic sobre o botón Enviar código.
A forma de incluír o código necesario para que se mostren os titulares na páxina web é a seguinte: 8. Abrir a conta de correo que se utilizou para rexistrarse. 9. Abrir a mensaxe recibida, cuxo asunto será Titulares na súa web de ELPAIS.com. 10. Abrir o ficheiro código titulares.txt. 11. Visualizar o código fonte se non se tivese aberto cun editor de texto. 12. Copiar o devandito código e pegalo na páxina web na que se desexa incluír. 13. Gardar e publicar a páxina, para comprobar que funciona correctamente e que os titulares se actualizan en tempo real.
lunes, 11 de junio de 2012
Blogs:
Conceptos básicos sobre os blogs: Os blogs son actualmente un medio de opinión, utilizado por infinidade de persoas, con distintos obxectivos: manifestar a súa opinión acerca de temas políticos, comunicar un sentimento, informar sobre un tema concreto, etc. Un weblog é un sitio web que permite a unha persoa ou a un grupo, poñer as súas opinións a disposición de todos os usuarios de internet, así como o intercambio de opinións entre aqueles usuarios que o autor de web desexe.Algunhas características dos blog son: - Unha entrada é cada un dos artigos que publica o autor ou autores do blog. Os artigos publicados polos convidados ao blog denomínanse comentarios. - A publicación dos comentarios realizásese a través dun formulario, sempre que o autor do blog o permita. - As entradas e comentarios publicados nun blog están ordenados cronoloxicamente. - Nun blog adoita haber enlaces aos comentarios ou entradas anteriores. Tamén conteñen unha lista de enlaces a outros blog recomendados, que se adoita denominar blogroll. - Todos os blog conteñen unha lista de amigos, aos que autor autoriza a publicar comentarios. - Ademais do texto, é posible incluír imaxes e vídeos. Como crear un blog:Para crear un blog é necesario conectarse á páxina dalgúns dos servidores que ofrecen esta posibilidade de forma gratuíta. O que imos utilizar para desenvolver a explicación é La Coctelera, cuxo dirección é www. lacoctelera.com/nome_de_usuario. Unha vez na páxina de La Coctelera, débense realizar os seguintes pasos: 1. Facer clic sobre en enlace Crear o teu blog. 2. Completar o formulario cos datos que se solicitan. O nome que se escriba no campo Nome de usuario, será que posteriormente se utilice para acceder ao blog. Así, a dirección web do blog creado, será www.lacoctelera.com/nombre_de_usuario.O contrasinal permitirá publicar as diferentes entradas e xestionar as opcións de configuración do blog. 3. Activar a casa de verificación lin e acepto as Condicións do servizo.
4. Facer clic sobre o enlace Continuar.
5. Seleccionar a aparencia que se desexa dar ao blog, activando o botón de opción correspondente a un dos equipos que se ofrecen na páxina.
6. Facer clic sobre o enlace Continuar. 7. Facer clic sobre o enlace Publica a túa primeira historia. Para darse a coñecer: Unha vez creado o blog e antes de crear a primeira entrada, o servidor permite enviar unha mensaxe de correo electrónico aos amigos, co fin de dar difusión ao novo blog. O título do blog e o primeiro artigo: Mentres se crea o blog ao ao fai clic sobre o enlace Publica a túa primeira historia, mostrarase unha páxina nova na que é posible introducir a información básica: o título do blog, información sobre o autor, artigos novos, etc. Para iso, teremos que: 1. Facer clic sobre o cadro Título, para introducir o texto que figurará na cabeceira do blog e unha breve descrición do seu contido. 2. Facer clic sobre o enlace Guardar. 3. Facer clic sobre o cadro Sobre eu e escribir unhas liñas acerca do autor. 4. Facer clic sobre o enlace Guardar. 5. Facer clic sobre o cadro Novo artigo e escribir o primeiro artigo que se publicará no blog. 6. Facer clic sobre o enlace Publicar. Se non rematamos de escribir o artigo e quixeramos continualo máis tarde, faremos clic sobre o botón Guardar borrador. Ten en conta: En calquera momento poderemos visualizar o contido do blog, facendo clic sobre o enlace Ver o meu blog. Información:Blogger, unha palabra creada polaPyra Labs, é un servizo doGoogle, que ofrece ferramentas para edición e administración deblogs, de xeito similar aoWordPress.Blogger permite a hospedaxe dun número ilimitado de blogs nos servidores do BlogSpot (un servizo equivalente aWordPress.com), ou nun servidor propio do usuario (víaFTP). Os blogs hospedados en BlogSpot inclúen unha barra de navegación do Blogger, que non pode ser removida, a través dalgunha opción da interface do Blogger.
jueves, 7 de junio de 2012
Traballo colaborador. Wikis
Ferramentas colaboradoras:
Normalmente, a idea que se ten de internet é a de ser un grande fonte de
información na que se pode encontrar todo tipo de documentos. As xa
coñecidas ferramentas, como o correo electrónico, as listas de
distribución, os chats e os grupos de noticias permiten intercambiar
arquivos e opinións, aínda que o uso que se veu facendo delas dende a
popularización de internet estivo enfocado máis cara ao ámbito lúdico
que cara ao laboral. Non obstante, as novas ferramentas que xurdiron
na rede están enfocadas á realización dun traballo concreto e,
especialmente, un traballo que implica a participación e colaboración de
múltiples persoas.Entre as novas ferramentas, que permiten o traballo colaborador encóntranse os wikis, os blogs, osBSCWe os RSS.
Wiki: Chámaselle Wiki
ás páxinas Web con enlaces, imaxes e calquera tipo de contido que pode
ser visitada e editada por calquera persoa. Desta forma convértese nunha
ferramenta Web que nos permite crear colectivamente documentos sen que
se realice unha aceptación do contido antes de ser publicado en
Internet. Un exemplo claro: Wikipedia, un proxecto para desenvolver unha enciclopedia libre en Internet.
Os wikis constitúen unha das formas de colaboración máis novidosas que ofrece internet. Un wiki
é un sitio web que se constrúe a partir do traballo de moitos autores.
Basicamente consiste nunha colección de páxinas web, que poden ser
visitadas ou editadas por calquera persoa, sen pasar por ningún tipo de
revisión ou censura previa. O primeiro WikiWeb foi creado por Ward Cunninghamen 1995, quen deu nome ao concepto wiki e creo o primeiro servidor wiki. Máis tarde, en 2001, iniciouse o proxecto Wikipedia, consistente na creación dunha enciclopedia virtual, que, hoxe en día, é wiki máis grande que existe en versión inglesa e que se encontra en máis de noventa idiomas. Un dos principais problemas dos wiki
é o vandalismo, que consiste en introducir erros, incluír contidos
inapropiados ou ofensivos, agregar publicidade, facer proselitismo,
incluír material que viola os dereitos de autor ou, simplemente,
incumprir a normas do wiki. Para solucionar os problemas
de vandalismo, pódense tomar algunhas medidas como son: bloquear
temporalmente o vándalo a través do seu nome de usuario ou a súa
dirección IP, bloquear a páxina na que se están a producir os feitos e ,en caso de extrema gravidade, bloquear toda a base de datos de wiki.
Wikis e Blogs: a diferenza entre os wikis
e os blogs é que, no primeiro caso, se trata dun sitio web construído
en colaboración por todas aquelas persoas que desexen participar, co
obxectivo de crear un lugar de coñecemento, mentres que os blogs son
creados por unha persoa, neles publícanse artigos e opinións, censurados
polo autor, sen un obxectivo final.
Como crear un wiki: Existen varios servidores que ofrecen a posibilidade de crear e aloxar un wiki de forma gratuíta, aínda que moitos deles están en inglés. En todos eles, a forma de proceder é similar e en todo caso estáperfectamente indicada. Aquí, crearemos un wiki a través de wikispace.com, para iso teremos que: 1. Abrir o navegador e conectar coa dirección web www.wikispace.com. 2. Completar o cadro Joinnow, cun nome de usuario, un contrasinal, unha dirección de correo e nome para o wiki. 3. Facer clic sobre o botón Join. 4. Completar de novo o contrasinal. 5. Activar o botón de opciónPublic, para que calquera usuario que desexe poida completar a información do wiki. 6. Facer clic sobre o botónJoin. O wiki creouse. Para acceder a el e completar a páxina inicial e o resto que información que se desexe incluír, se debe: 7. Escribir a dirección na barra de direccións do navegador (nombre.wikispaces.com). 8. Facer clic sobre o botón Editthispage. 9. Completar o contido da páxina utilizando os botóns que se mostran na parte superior da ventá do editor. 10. Cando se finalice débese facer clic sobre o botón Save.