viernes, 10 de febrero de 2012


7. A REDE INTERNET
  • Servicios de Internet:                                                                  - Navegación (World Wide Web). O servizo con máis éxito en internet é a World Wide Web, cuxa tradución é arañeira de alcance mundial. Tamén coñecido como www.
    - Correo electrónico (@). Permite ao usuario recibir e enviar correos electrónicos a outros usuarios da rede situados en calquera lugar do mundo ao instante. Cada usuario necesita unha dirección de correo electrónico.
    - Transferencia de ficheiros (FTP). O FTP, File Transfer Protocol, permite enviar ou recibir ficheiros entre dous ordenadores conectados á rede.
    - Grupos de noticias (NEWS). NEWS é un servizo de internet que permite o acceso aos grupos de discusión, tamén chamados grupos de noticias ou foros de discursión sobre os temas máis diversos.
    - Chat e videoconferencias (IRC). Pódense manter conversacións con outras persoas en tempo real. A comunicación pode realizarse usando só texto ou por medio de videoconferencia (imaxe e voz) con mIRC, Netmeeting, Gaim, Messenger, GnomeMeeting, etc.
    - Outros. Ademais dos anteriores hai gran variedade de servizos dispoñibles, tales como comercio electrónico, ferramentas colaboradoras, servizos Telnet, Gopher, Wais, Finger, etc.
  • Tipos de conexión: Os máis importantes son:
    Liña telefónica. Utilizan o cable do telefono tradicional, podendo ser:
    - Liñas analóxicas. A conexión realízase utilizando un modem a 56 kbps conectado á RTB, (Rede de Telefónica Básica). É unha conexión lenta e non permite utilizar o teléfono mentres se está conectado a internet polo que está en desuso.
    - Liñas dixitais. A información envíase codificada dixitalmente, transmitíndose máis rápida, segura e eficazmente. Son capaces de integrar varios servizos, de modo que se pode ver a TV dixital mentres se navega por internet e se fala por teléfono.
                                               Cable. Ten características similares á ADSL pero utilízase un cable de fibra óptica, que leva ata o domicilio, para a conexión. Este servizo proporciónase por empresas como Ono, Telecable, Euskaltel, etc.   Telefonía móbil. O acceso a internet é posible a través da telefonía móbil para a conexión con teléfonos, PDA, ordenadores portátiles, etc. O inconveniente é que alcanzan velocidades baixas e as súas tarifas son elevadas.                                                                                             Vía satélite. Permite dar cobertura a zonas onde non pode chegar o cable e é a base da televisión interactiva dixital.
    Rede eléctrica. Aprovéitanse as liñas eléctricas para transmitir datos a alta velocidade. Este servizo elimina a instalación de novos cables ao poder utilizar un simple enchufe eléctrico para a conexión.
  • Ancho de banda:É a velocidade de transmisión de datos.
    - kbps: quilobits por segundo.
    - Mbps: Megabits por segundo.
    - Gbps: Xigabits por segundo.
                  
  • Se queres mais información sobre o tema preme aquí. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario