jueves, 16 de febrero de 2012

8. CONEXIÓN A INTERNET
Router
  • Proveedor de servicios de Internet: A conexión a internet realízase a través dun Provedor de Servizos de Internet (ISP). Este provedor subministra un conxunto de datos que fan posible a configuración da conexión. Este conxunto de datos coñécese como conta de acceso a internet.
  • Tipos de contas de acceso a Internet:                                        Gratuítas: Non hai que pagar o provedor por facilitarnos esta conta. Cada vez que se accede págase por tempo de conexión. Ofrécese para conexións analóxicas e se tarifica a prezo de chamadas locais.
    Con tarifa por franxa horaria: Ofrécense distintas tarifas en función do tempo de servizo ou do ancho de banda contratado.
    Tarifa plana: É unha opción habitualmente usada nas liñas ADSL onde a tarifa dependerá da velocidade de conexión contratada, independentemente do tempo de acceso.
  • Módem e router:                                                                          Modem: É un acrónimo dos termos MOdulador-DEModulador; é un  dispositivos que transforma os sinais dixitais do ordenador en sinais analóxicos e viceversa.
    Router: Utilízase para a interconexión de redes de ordenadores. Por exemplo, na liña ADSL conéctase a rede do usuario (dixital) coa rede internet (dixital).
     
  • Tipos de conexión:                                                                          - Liña analóxica a través dun modem. Hai que realizar unha conexión especificando todos os datos do provedor no equipo que ten o modem.
    - Liña dixital ADSL mediante un router. O router debe ser subministrado polo proovedor previamente configurado cos datos de conexión.
    - Conexión cun dispositivo móbil. É posible acceder a internet dende o móbil, PDA ou calquera outro dispositivo con conexión de telefonía móbil.
  • Conectar o router cos dispositivos:                                              Para establecer a conexión a internet:
    Módem

    1. Enchufar os cables de rede entre o router e os ordenadores e/ou o  concentrador.
    2. Conectar o cable de telefonía dende o router á liña ADSL.
    3. Instalar os microfiltros nas rosetas telefónicas onde hai teléfonos.
    4. Enchufar o router á corrente eléctrica e acender.
    5. Esperar uns segundos ata que a luz ADSL do router estea acendida.
    6. As luces dos portos do router, onde se conectou algún equipo, tamén deben estar acendidas.
      
  • Configuración dunha conexión ADSL e comprobacións:                    A configuración da rede pódese realizar:
    - Co asistente: Pódese utilizar o disco que subministra o proovedor de servizos de internet ou o asistente do sistema operativo.
    - Manualmente: Asignando como porta de enlace para cada ordenador a dirección IP do router.
  • Se queres saber mais sobre o tema preme aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario