Blogs:Conceptos básicos sobre os blogs: Os blogs son actualmente un medio de opinión, utilizado por infinidade de persoas, con distintos obxectivos: manifestar a súa opinión acerca de temas políticos, comunicar un sentimento, informar sobre un tema concreto, etc.
Un weblog é un sitio web que permite a unha persoa ou a un grupo, poñer as súas opinións a disposición de todos os usuarios de internet, así como o intercambio de opinións entre aqueles usuarios que o autor de web desexe.Algunhas características dos blog son:
- Unha entrada é cada un dos artigos que publica o autor ou autores do blog. Os artigos publicados polos convidados ao blog denomínanse comentarios.
- A publicación dos comentarios realizásese a través dun formulario, sempre que o autor do blog o permita.
- As entradas e comentarios publicados nun blog están ordenados cronoloxicamente.
- Nun blog adoita haber enlaces aos comentarios ou entradas anteriores. Tamén conteñen unha lista de enlaces a outros blog recomendados, que se adoita denominar blogroll.
- Todos os blog conteñen unha lista de amigos, aos que autor autoriza a publicar comentarios.
- Ademais do texto, é posible incluír imaxes e vídeos.
Como crear un blog: Para crear un blog é necesario conectarse á páxina dalgúns dos servidores que ofrecen esta posibilidade de forma gratuíta. O que imos utilizar para desenvolver a explicación é La Coctelera, cuxo dirección é www. lacoctelera.com/nome_de_usuario.Unha vez na páxina de La Coctelera, débense realizar os seguintes pasos:
1. Facer clic sobre en enlace Crear o teu blog.
2. Completar o formulario cos datos que se solicitan.
O nome que se escriba no campo Nome de usuario, será que posteriormente se utilice para acceder ao blog. Así, a dirección web do blog creado, será www.lacoctelera.com/nombre_de_usuario.O contrasinal permitirá publicar as diferentes entradas e xestionar as opcións de configuración do blog.
3. Activar a casa de verificación lin e acepto as Condicións do servizo.4. Facer clic sobre o enlace Continuar.
5. Seleccionar a aparencia que se desexa dar ao blog, activando o botón de opción correspondente a un dos equipos que se ofrecen na páxina.
6. Facer clic sobre o enlace Continuar.
7. Facer clic sobre o enlace Publica a túa primeira historia.
Para darse a coñecer: Unha vez creado o blog e antes de crear a primeira entrada, o servidor permite enviar unha mensaxe de correo electrónico aos amigos, co fin de dar difusión ao novo blog.
O título do blog e o primeiro artigo: Mentres se crea o blog ao ao fai clic sobre o enlace Publica a túa primeira historia, mostrarase unha páxina nova na que é posible introducir a información básica: o título do blog, información sobre o autor, artigos novos, etc. Para iso, teremos que:
1. Facer clic sobre o cadro Título, para introducir o texto que figurará na cabeceira do blog e unha breve descrición do seu contido.
2. Facer clic sobre o enlace Guardar.
3. Facer clic sobre o cadro Sobre eu e escribir unhas liñas acerca do autor.
4. Facer clic sobre o enlace Guardar.
5. Facer clic sobre o cadro Novo artigo e escribir o primeiro artigo que se publicará no blog.
6. Facer clic sobre o enlace Publicar. Se non rematamos de escribir o artigo e quixeramos continualo máis tarde, faremos clic sobre o botón Guardar borrador.
Ten en conta: En calquera momento poderemos visualizar o contido do blog, facendo clic sobre o enlace Ver o meu blog.

Información:Blogger, unha palabra creada pola Pyra Labs, é un servizo do Google, que ofrece ferramentas para edición e administración de blogs, de xeito similar ao WordPress.Blogger permite a hospedaxe dun número ilimitado de blogs nos servidores do BlogSpot (un servizo equivalente a WordPress.com), ou nun servidor propio do usuario (vía FTP). Os blogs hospedados en BlogSpot inclúen unha barra de navegación do Blogger, que non pode ser removida, a través dalgunha opción da interface do Blogger.
No hay comentarios:
Publicar un comentario